Pleno do Concello

Inicio»Concello de Allariz»Pleno do Concello

O Pleno do Concello de Allariz é o órgano de expresión e debate da política municipal e da adopción de acordos en materias da súa competencia, especialmente o orzamentos e as ordenanzas e regulamentos municipais ou instrumentos de planificaicón urbanística como o PXOM. Está formado polo alcalde e os concelleiros  e concelleiras.

O Pleno da Corporación celebrará sesións ordinarias mensuais, o último venres do mes coa excepción dos meses de agosto e decembro. Esta data variará, e poderá alterarse, de coincidir tal día en festivo que se trasladará ao seguinte día hábil.

Establécese como sede para a realización de todas as sesións plenarias o Salón de plenos da Casa do Concello, situado na Praza Maior.

Radio Allariz emitirá, en directo, todas as sesión plenarias no 102.7 da fm.