O Pleno do Concello de Allariz é o órgano de expresión e debate da política municipal e da adopción de acordos en materias da súa competencia, especialmente o orzamentos e as ordenanzas e regulamentos municipais ou instrumentos de planificaicón urbanística como o PXOM. Está formado polo alcalde e os concelleiros  e concelleiras.

O Pleno da Corporación celebrará sesións ordinarias mensuais, o último venres do mes coa excepción dos meses de agosto e decembro. Esta data variará, e poderá alterarse, de coincidir tal día en festivo que se trasladará ao seguinte día hábil.

Establécese como sede para a realización de todas as sesións plenarias o Salón de plenos da Casa do Concello, situado na Praza Maior.

Radio Allariz emitirá, en directo, todas as sesión plenarias no 102.7 da fm. Tamén se emitirá en directo na canle de Radio Televisión Allariz en youtube. 

De interese

Actas do Pleno
Xunta de Goberno Local
Áreas e Delegacións
Sede Electrónica