Navigation Menu+

VIII Concurso afeccionado “Tapa Fría de Outono”

Domingo 12 de novembro a partir das 11:30h

O VIII Concurso afeccionado TAPA FRÍA DE OUTONO pretende descubrir o mellor prato elaborado con produtos de tempada. Os participantes, non profesionais, elaborarán unha tapa fría que inclúa algún ingrediente propio da tempada.

A mellor tapa, elixida por un xurado, gañará un premio de 150€ máis un diploma.

Para participar é preciso inscribirse no Centro de Promoción Económica de Allariz .

Teléfono 988 442 210      Email participa@allariz.com.

 

BASES PARA PARTICIPAR NO VII CONCURSO TAPA FRÍA

  1. Requisitos para participar.
    Poderán participar todas as persoas que non se dediquen profesionalmente á especialidade obxecto deste concurso.
  2. Produtos admitidos.
    A elaboración da tapa fría terá como compoñente principal algún produto de tempada (noces, castañas, setas…)
  3. Inscrición
    O prazo de inscrición remata o día 9 de novembro, ás 14:00h.
    Centro de Promoción Económica: 988 442 210 – participa@allariz.com
  4. Forma e lugar de presentación.
    A tapa participante entregarase xunto coa súa receita ás 11:00h. no pavillón do IES dedicado á Feira o domingo 11 de novembro.
    O veredicto do xurado farase público ás 14:00h do mesmo día.
  5. Xurado.
    O xurado estará formado tanto por expositores alaricanos coma convidados e algún asistente á Feira escollido ó azar.
  6. Premio.
    Haberá un premio único de 150 euros para a mellor Tapa Fría de Outono.
  7. Dereitos e obrigas dos participantes.
    O feito de presentarse ao concurso supón a plena aceptación das bases polo que as decisións do xurado serán inapelables.