Navigation Menu+

Premios de Outono

CESTAS DE OUTONO

As compras realizadas nalgún dos postos ubicados no pavillón do IES, con motivo da Feira de Outono, serán premiadas a través do sorteo das Cestas de Outono.

Con cada compra dalgún dos produtos á venda na Feira de Outono, o comprador recibirá un boleto azul que deberá cubrir e depositar nunha urna dedicada a tal fin no posto de información dentro do pavillón do IES.

Os sorteos celebraranse:

  • Sábado 10 de outubro de 2018 ás 20:00h
  • Domingo 11 de outubro de 2018 ás 14:00h
  • Domingo 11 de outubro de 2018 ás 20:00h

É condición necesaria para ser agraciado con algún dos premios que a persoa premiada se atope no pavillón da Feira no momento do sorteo.

Queda prohibida a participación no sorteo dos expositores ou familiares dos mesmos e membros da Organización.  De ser o caso, a cesta  de Outono volverá ser sorteada.

 

XANTAR DE OUTONO

Todas aquelas persoas que, dende o 10 ao 12 de novembro, degusten un Menú ou Tapa de Outono, nalgún dos restaurantes participantes (ver folleto) recibirán xunto co seu menú un boleto verde que, despois de encher cos seus datos, deben depositar nunha urna instalada no pavillón onde se celebra a Feira de Outono.

O sorteo dun Xantar de Outono para dúas persoas terá lugar o domingo 11 de novembro ás 14:00h.

Non poderán participar os propietarios dos establecementos, nin familiares nin empregados/as.

 

CONCELLO DE ALLARIZ

ÁREA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA – 988 442 210/ 678 680 700  dinamizacioneconomica@allariz.com