Allariz será un dos primeiros concellos galegos en contar coa distinción de “Vilas florais” de Galicia. Esta é unha iniciativa da Fundación Juana de Vega coa colaboración da Asociación de Viveristas do Noeroeste e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería, que distinguirá o bo facer dos concellos en canto á conservación e mantemento das áreas axardinadas.

Participarán un total de 11 municipios galegos no programa que consiste en avaliar e recoñecer os concellos que mellor coidan o entorno, tanto en xardinería como en ornamentación floraL,  mobiliario público e espazos lúdicos.