A Asociación Galega de Empresas de Xardinería celebra, en Allariz, a súa Asemblea Xeral convocada para o sábado 16 de xullo.

Durante a visita a Allariz, os membros de Agaexar pasarán polo Festival Internacional de Xardíns de Allariz acompañados polo Alcalde, Francisco García, e o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela.  Analizarán as últimas tendencias na xardinería e paisaxismo.

Logo da visita institucional, desprazaranse ata o Concello onde asistirán a unha ponencia relativa á formación específica no sector, así como a explicación do funcionamento da FP- Dual. A continuación pasarán a tratar a orde do día centrada nas contas do exercicio 2015.