O patio do Museo do Coiro acollerá, a última fin de semana de outubro, a I Mostra da Camelia en Allariz, organizada pola Asociación Ibérica da Camelia.

Coincidindo co peche da sétima edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz as instalacións museísticas albergan a mostra ademais da celebración de obradoiros para nenos e adultos.

O sábado, 29 de outubro, abrirá ao público a visita á exposición de camelias coa colección de distintas variedades. De 17:00h a 19:00h celebrarase a o obradoiro de mosaicos dirixido a maiores de 8 anos.

O domingo, 30 de outubro, o horario de visita da mostra amplíase de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h. Ademais, os maiores de 12 anos poderán participar no obradoiro de esmaltado dunha camelia.

Información e inscrición aos obradoiros (antes do 25 de outubro) : participa@allariz.com