Xardín da escola

Edición 2016 – Parcela 8

Os alumnos e alumnas do CEIP PADRE FEIJOO achegan, por terceiro ano consecutivo, os seus deseños ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Unha actividade que enriquece a súa formación máis alá das aulas e permite fomentar actitudes de respecto e coidado do medio. Nesta ocasión os nenos e nenas imaxinaron como serán os xardíns do futuro do que eles formarán parte. Un futuro que, con entusiasmo, fixeron presente nestes xardíns coa fin de lograr un mundo máis fermoso, á vez que máis xusto e solidario.

 

CEIP Padre Feijóo

CEIP Padre Feijóo de Allariz

PROCEDENCIA: Allariz.

Patrocinador