Conecta

Edición 2017 – Parcela 2

Conecta evoca a memoria

Xardín inspirado no sistema neuronal que se representa en forma de tetraedro como estrutura mínima. Un sistema que permite crear formas que recordan cúpulas, bóvedas, domos, catedrais, palacios abstractos, espazos amplos e protectores.

As conexións representan as nosas eleccións, construcións de ideas e experiencias que, ao longo da vida, forman a nosa memoria, flexible e articulada ao mesmo tempo.

A estrutura medra na parcela sumando pezas que se integran, ao tempo que acompañan o terreo.

O entorno, en tons vermellos, representa o instante en que fixamos sensacións belas e intensas na memoria.

Conecta

EQUIPO: Conecta
Fabio Azevedo da Silveira e Ananda Prata Silveira

PROCEDENCIA: Brasil

Patrocinador