After the bitter comes the sweet

Edición 2018 – Parcela 9

Erotismo. Algo que é intimidatorio e produce nerviosismo e incomodidade, pero ao mesmo tempo suscita curiosidade e emoción.  Entraña algo que invita a penetrar nun terreo imprevisible. Ao final, cando se libera toda a tensión acumulada, chega a gratificación que dá paso a sensacións máis relaxantes.

 

O xardín “After the bitter comes the sweet” (Despois do amargo ven o doce) representa todas esas sensacións e divídese nunha “parte amarga” e unha “parte doce”. A parte amarga é emocionante e intimidatoria: infunde curiosidade polo que vai ocorrer, e un non sabe o que vai atopar ao virar a esquina. Na parte doce os visitantes teñen a oportunidade de relaxarse e botar unhas risas.

 Team Scandinavia Cathrine Bugge, Fredrika Orefelt e Jenny Zackrisson

Patrocinador

EQUIPO: Team Scandinavia

Cathrine Bugge, Fredrika Orefelt e Jenny Zackrisson

PROCEDENCIA: Noruega e Suecia  


Os integrantes de Team Scandi somos Cathrine Bugge, Fredrika Orefelt, Jenny Zackrisson, todos estudantes de paisaxismo en Suecia e Noruega. Coñecémonos durante o semestre de intercambio en Viena, onde deseñamos xuntos este xardín.