Podes colaborar con esta iniciativa enviando imaxes antigas relacionadas con Allariz ou calqueira lugar do territorio municipal.

O motivos das imaxes poden ser diversos: persoas, paisaxes, festas, actividades, ….

 

COMO ENVÍO AS IMAXES

Para poder enviar as imaxes basta con cumprimentar o formulario desta propia páxina ou ben enviar directamente a información por correo electrónico a informatica@allariz.com.

Importante: o límite son 2Mb por imaxe a través do formulario, así que para tamaños maiores debes enviar e-mail directo ou adxuntar un enlace de descarga.

 

QUE INFORMACIÓN TEÑO QUE DAR

A información que se debe aportar é a seguinte:

  • Nome Completo
  • Enderezo de correo electrónico
  • Lugar/pobo de onde eres (opcional)
  • Descrición da imaxe ou do lugar explicando brevemente que che gusta ou aporta ese sitio
  • O arquivo ou enlace de descarga do mesmo

 

QUE TIPO DE IMAXE PODO ENVIAR

Pódese adxuntar calquera imaxe. Un lugar, unha vista, un detalle, un momento, un evento … calquera cousa relacionada con Allariz e o seu territorio.

 

QUE FORMATOS DEBO ENVIAR

Calquera formato de imaxe é valido, tendo en conta que para publicarse empregaranse contidos JPG para as imaxes, polo tanto, se é preciso, converteranse os arquivos orixinais.

 

QUE PASA COS DEREITOS

A participación é voluntaria e as imaxes unicamente se empregarán para ser visualizadas nesta web. En ningún caso o Concello de Allariz adquire outros dereitos que publicar a imaxe, do mesmo xeito que se reserva os dereitos de decidir que contido é apto ou non para publicar. Si expresamente o indica pasaremos a incorporala ao Arquivo Municipal.

 

 

FORMULARIO DE ENVIO

Nome Completo

Correo Electrónico

Lugar / Pobo

Descrición da imaxe (ano, lugar, evento, persoas...)

Adxuntar Imaxe

Pon este código de seguridade captcha