Oficinas 988 442 006 Cafetería 988 442 248 reatur@allariz.com

Excursións e visitas organizadas a Allariz

Visitas Culturais

Esta actividade é unha das máis demandadas por colectivos, xa que damos unha ampla explicación de historia e arte da vila. Ademáis dentro destas visitas danse a coñecer os museos do Parque Etnográfico (Museo do Coiro e Muiño do Burato) , o Museo Galego do Xoguete, Museo da Moda,Museo de Vicente Risco e o Museo Iconográfico da Fundación Aser Seara.

Tamén se fai referencia ó Proxecto de Ordenación e Recuperación Integral do Conxunto Histórico de Allariz.

Visitas ó Festival de Xardíns

O Festival Internacional de Xardíns é un espazo ubicado á beira do río Arnoia, cunha superficie de 12.500 m2. A tempada de apertura vai dende o 17 de maio ao 31 de outubro e no seu interior pódense contemplar zonas axardinadas e espazos de lecer que permanecen iguais tódolos anos, pero tamén hai 12 xardíns que se renovan cada tempada en función do tema elexido para cada ano e son deseñados cada un deles por un paisaxista internacional diferente.

A visita convértese nun agradable percorrido no que veremos xardíns moi orixinais, escoitaremos o son da auga no seu percorrido cara o río e descubriremos agradables recunchos cheos de paz.

Visita a Sta. Mariña de Augas Santas

Esta visita mestura lenda e patrimonio histórico-artístico.

No núcleo de poboación poderán apreciar a igrexa de Santa Mariña (unha das xoias do románico da provincia) e coñecer a lenda da Santa.

Por unha calzada romana chegarase ata a basílica inacabada da Ascensión en cuia cripta se encontra o forno no que tentaron queimar a Mariña.

No castro de Armea (a poucos metros da basílica)  podense visitar as excavacións arqueolóxicas nas que se descubriu unha cidade romana.

Cabalos

Posibilidade de entrar en contacto co mundo da equitación, montando en picadeiro, recibindo clases de hípica ou realizando rutas a cabalo.

Rutas de Sendeirismo

Organizamos rutas de sendeirismo para dar a coñecer o noso patrimonio natural.

Paquetes Turísticos

Organizamos paquetes con aloxamento en bungalós, pensión compreta e actividades para que non se teñan que preocupar de coordinar con diferentes empresas os distintos servizos.

TARIFAS

Museos con Casco Histórico

GRUPO GUIA PREZO
25 P 1 75,00€
50 P 1 97,00€
100 P 2 173,00€
150 P 3 255,00€
Xardíns 2,00€ / pers.
Entrada Museos 1,00€ / pers

Museos sen Casco Histórico

Nº Museos GUÍA 25 P GUÍA 50 P
1 41,00€ 46,00€
2 48,00€ 66,00€
3 53,00€ 70,00€
4 58,00€ 75,00€

Cabalos

PREZO
Cabalos/poni ata 50 pax 68,00€
Cabalos/poni ata 25 pax 56,00€

Paquetes con aloxamento

Inclúen pensión completa e actividades.

ALOXADOS EN BUNGALÓS ALOXADOS EN CAMPING
2 días / 1 noite desde 65,00€ 2 días / 1 noite desde 55,00€
3 días / 2 noites desde 106,00€ 3 días / 2 noites desde 95,00€