Lugares para visitar preto de Allariz

Visita Allariz

A pouca distancia de Allariz e ben comunicadas coa nosa vila,  localízanse zonas de grande importancia turística; son lugares de visita obrigada en Galicia.

A Ribeira Sacra

Ourense e As Burgas

Santiago de Compostela

Rías Baixas

Destacamos Ourense cidade como capital termal, a Ribeira Sacra, as Rías Baixas ou Santiago de Compostela, aínda que son moitas máis as localidades galegas con interese turístico merecentes de seren visitadas.

Allariz está moi preto da cidade de Ourense. A capital das Burgas localízase tan só a 20 km da nosa vila . É unha das principias cidades termais europeas, xa que conta coa ruta termal do río Miño, formada por cinco quilómetors de senda peonil na que se ubican ata sete instalacións termais. A Chavasqueira ou Outariz son dúas delas.

A Ribeira Sacra é outro dos grandes segredos de Ourense que paga a pena coñecer. O tesouro natural do canón do río Sil, os 18 mosteiros esparexidos pola zona ou a paisaxe dos seus viñedos en socalcos son algúns dos atractivos que deixarán abraiados ao visitante.

A unha hora de distancia en coche atopamos as Rías Baixas, un dos grandes sinais de identidade de Galicia. Cantís e faros; praias e illas; cascos urbanos históricos ou rutas como a dos mosteiros ou a das camelias, fan das Rías Baixas un lugar de obrigada visita.

Tamén a unha hora de Allariz está Santiago de Compostela, capital de Galicia.  O seu casco histórico foi declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, a súa universidade conta con máis de cinco séculos de vida e a súa impresionante catedral é o punto de encontro de miles de peregrinos que rematan o Camiño de Santiago.

Ribeira Sacra

Ribeira Sacra

Ourense e As Burgas

Ourense e As Burgas

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela

Rías Baixas

Rías Baixas