A concellería de Deportes do Concello de Allariz abre o prazo de inscrición para participar nunha nova edición, e xa van 20, da Andaina de Allariz, que se celebrará o vindeiro sábado 27 de maio.

A Andaina popular de Allariz, pioneira en Galicia, celebrábase por primeira vez no ano 1998 e dende entón a súa popularidade non parou de medrar. “50 kilómetros en 12 horas” é unha iniciativa coa que se pretende familiarizar aos participantes neste tipo de proba longa, ademais de potenciar e dinamizar o fermoso itinerario que discorre por antigas vereas, corredoiras e sendeiros naturais de Allariz e arredores. A proba terá un importante compoñente medioambiental porque descorrerá pola práctica totalidade dos camiños que cruzan a Reserva da Biosfera “Área de Allariz”.

A XX edición incorpora unha importante novidade “O percorrido poderase realizar en BTT. Os participantes en BTT farán o mesmo percorrido con saída media hora antes que os andaríns.” segundo explicaba a concelleira de Deportes Helena Suárez.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 26 de maio.             Toda a información en www.allariz.gal/andaina

Lugar de inscrición

  • Piscina Municipal de Allariz
    piscina@allariz.com
    Tel./Fax 988 44 20 83
  • REDONET
    Rúa Ervedelo, 21
    Tel. 988 22 26 92    Fax 988 22 59 60