A Casa da Mocidade acolleu, durante o verán, a numerosos mozos e mozas alaricanos e visitantes que gozaron das posibilidades que ofrecen as instalacións. Aula de informática e audiovisual, local de ensaio e salas multiusos con futbolín, billar, ping pong ou xogos de mesa e audiovisuais completan a oferta lúdico-formativa.

A partir do 15 de setembro a instalación municipal volta ao horario de inverno: os xoves de 19:00h a 21:00h e venres e sábados de 18:30h a 21:00h.

Ademais voltará albergar actividades formativas como o novo curso de edición de vídeo  “Introdución á edición dixital de películas” que se impartirá no mes de outubro. Os interesados poden anotarse xa a través do correo electrónico animacion3d@allariz.com

Edición de vídeo: “Introdución á edición dixital de películas” 

Os participantes no curso aprenderán a editar  con Blender de maneira  amena os seus propios clips de vídeo a partir das gravacións de cámaras ou dispositivos móbiles  para subir á rede;  crear películas  a partir de fotografías, encadealas, engadirlle música, voces  e efectos de son; superpoñer á imaxe  textos e overlays, inserir cabeceiras e títulos de crédito para presentar proxectos; engadir transicións e efectos e mesmo converterse nun director de cinema dando sentido e coherencia ás películas aplicando sinxelos conceptos de linguaxe audiovisual.