A Escola de Familias “A Orella Verde” organiza varias charlas sobre “Normas e límites” para coñecer, debater, compartir e traballar pola convivencia.

As charlas, destinadas a público familiar, terán lugar os días 23 e 30 de maio no Fogar dos Maiores de 16:00h a 17:30h.

Escola de Familias

Hai anos xorde en Allariz unha nova escola chamada A Orella Verde. Trátase dunha escola na que os alumnos son os pais e nais e as leccións refírense á forma de selo.

Esta escola realiza reunións semanais nas dependenzas dos Servicios Sociais Comunitarios (Fogar dos Maiores), nas que a través do debate grupal, os participantes intercambian ideas e opinións ofrecendo así diferentes posibilidades de actuación a unha mesma situación.

Os seus obxectivos, ademais do intercambio de información, son a xeración de redes de apoio entre as familias, a formación teórico-práctica das mesmas, a estimulación da participación naqueles espazos que inflúen de forma decisiva na educación dos fillos e fillas, e traballar aspectos persoais relacionados directamente co feito de ser pai ou nai e que repercuten na educación dos menores.

Se alguén está interesado/a en participar e ser membro desta escola pode anotarse e pedir información na dirección: Dependencias dos Servizos Sociais Comunitarios – Fogar dos Maiores. Teléfono : 988 55 40 59.

CARTAZ