A Federación Española de Empresas de Jardinería (FEEJ) escolleu Allariz como escenario para celebrar a asemblea xeral de socios.

A elección de Allariz obedece ao impulso importante que tivo a asociación galega xunto co recoñecemento á labor que se está facendo en Allariz para favorecer os espazos verde. “Allariz é un exemplo de boas políticas que redundan no benestar e na economía do municipio” explica Andreu Massoni,  presidente da Federación.

O alcalde Francisco García e o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, exerceron de anfitrións na visita da delegación da federación a Allariz na que aproveitaron para coñecer o Festival Internacional de Xardíns de Allariz. O rexedor agradecía a presenza do colectivo que “vén de referendar un dos obxectivos do festival que é ofrecer un escenario  ao mundo da empresa para a divulgación e promoción das súas actividades.”