A Fundación Ramón González Ferreiro retoma, en outono, a actividade formativa con cursos de conservas e marmeladas, cursos de idiomas e obradoiros sobre elaboración téxtil.

Os días 28 e 29 de setembro está previsto o inicio do curso de Conservas e Marmeladas dirixido a persoas que buscan un xeito de vida saudable. O luns 3 de outubro comezará o curso de inglés para os tres niveles. Esta actividade, cun custe de 115 euros, permitirá ao alumnado preparar os exames Trinity do London Trinity College.  Ademais, esa mesma semana, comezará o curso de francés de nivel intermedio, cun custe anual de 160 euros.

Outra das iniciativas formativas que imparti´ra a  Fundación é o “Curso de patronaxe e montaxe. As clases están fixadas para os luns e xoves de 17:00h a 19:30h dende o 10 de outubro ata febreiro.

Información e inscricións: Fundación Ramón González Ferreiro, 988 436 182 ou en info@fundacionrgf.org

conservas-e-marmeladas inicio_outubre patronaxe_montaxe