Aberto o prazo para inscribirse no XV Mercado de Artesanía “Arte de Man”

O casco histórico de Allariz acollerá en setembro, concretamente o domingo día 10, unha nova edición do Mercado de Artesanía “Arte de Man”. A cita reunirá a artesáns locais e do resto de Galicia ofrecendo exposición e venda de distintas disciplinas artesás como a cerámica, pintura, debuxo e gravado, escultura, xoiería e bixutería, téxtil, vidrería, coiro ou madeira, entre outros.

As/os artesás/áns interesados/as en participar poden inscribirse a través do enderezo electrónico dinamizacioneconomica@allariz.com segundo as bases de participación.

Información: 988 442 210 Centro de Promoción Económica de Allariz

BASES DE PARTICIPACIÓN NA FEIRA DE ARTESANÍA

Formulario Arte de Man (pdf)

Formulario Arte de man (word)

2017-08-14T09:59:39+00:00 Lunes, 24/07/2017|ACTUAIS, EVENTOS, NOVAS ALLARIZ|
X