Aberto o prazo para participar nas escolas deportivas municipais

O Concello de Allariz, a través da área de deportes, pon a disposición dos nenos e nenas unha ampla variedade de actividades deportivas nas que se inclúe o fútbol e baloncesto, así como piragüismo, natación e equitación. Para os máis cativos organízase, como é habitual, a escola pre-polideportiva e ademais ofértanse actividades complementarias como pre-fútbol, pre-baloncesto ou pre-natación.

Máis información na piscina municipal, no teléfono 988 442 083 ou no correo electrónico piscina@allariz.com. No referente a fútbol e baloncesto, os nenos e nenas interesados deberán informarse e inscribirse no clube correspondente, no Seixo ou no Pavillón municipal.

2017-09-11T12:56:40+00:00 lunes, 11/09/2017|ACTUAIS, DEPORTES, NOVAS ALLARIZ, PORTADA|
X