O Fogar dos Maiores de Allariz abre o prazo para a inscrición nas actividades lúdico-formativas para o curso 2017-2018. Obradoiros de creatividade e manualidades, memoria, radio, estimulación cognitiva, canto coral e ximnasia terapéutica son as actividades que se desenvolverán na programación anual para os maiores. Ademais tamén se ofertan actividades para a poboación xeral como macramé, cursos de nutrición, relaxación ou control postural.

As persoas interesadas poden anotarse, durante o mes de setembro, nas dependencias do Fogar dos Maiores, na Barreira, ou no teléfono 988 554 059.