Allariz acollerá, a última semana de setembro, unha nova edición do curso de extensión universitaria “Turismo baseado na cultura da produción tradicional do viño, da cervexa e da sidra”, organizado pola vicerreitoría do campus de Ourense.

Esta actividade formativa abarcará turismo de experiencias, tomando como base e recursos a produtores locais.

En Allariz terá lugar a xornada inaugural coa presentación do curso, o análise teórico sobre o turismo de experiencias co profesor de marketing e investigación de mercado, da Universidade Carlos III, Julio Cerviño; e a visita á produción de cervexa artesá Dama Alaricana. O curso rematará na Estrada analizando o enoturismo.

A inscrición para participar no curso está aberta en vicou.uvigo.es/cursos-de-veran

Turismo baseado na cultura da produción tradicional do viño, da cervexa e da sidra