A casa do Concello de Allariz acollerá os días 15, 16, 21, 22, 28 e 29 de novembro, o curso de introdución ao aproveitamento dos soutos e castiñeiros.

O curso promovido pola oficina agraria comarcal de Allariz está dirixido a todas as persoas interesadas no sector agrario. Ten unha duración e 25 horas e será impartido en horario de 16:30h a 20:30h.

Información e inscrición gratuíta na oficina agraria de Allariz, nos teléfonos 988 788 820/ 988 788 821.