A Fundación Vicente Risco, en colaboración co Concello de Allariz, organiza unha nova edición das Xornadas de Romasanta que terán lugar o día 28 de outubro.

As doutoras Carme Adán e Natalia Pérez serán as encargadas de impartir as conferencias nesta edición nas que a muller será a protagonista.