Allariz acolle, esta fin de semana, o trixésimo congreso de Ensinantes de Ciencias de Galicia (Enciga).

Dende onte os participantes terán obradoiros sobre química e luz, a fotografía ornitolóxica ou os acelerógrafos, entre outros. Compartirán tamén coñecementos sobre matemáticas, experiencias e modelos educativos, a xestión dos montes ou a robótica.

Ademais aproveitarán para coñecer os atractivos culturais e turísticos da localidade