Allariz organiza, un ano máis, a Festa dos Maios para o venres 27 de abril.  Ás 12:15h chegarán os maios ao Campo da Barreira e alí tamén terá lugar o canto de coplas. O acto contará co acompañamento musical do grupo de gaitas do centro sociocomunitarios de Xinzo de Limia. A participación premiarase con subvencións de entre 30€ e 50€.

As persoas interesadas en participar deben inscribirse na Casa da Cultura antes do 25 de abril.