As prazas de Allariz e os xardíns do Fogar dos Maiores serán escenario dunha nova edición do Festival de danza e artes do corpo de Ourense no que Victoria Miranda, Pisando Ovos e as compañías Prácido Domingo e Maximiliano Sanford&Clara Ferrao serán protagonistas dos espectáculos de danza, circo, teatro e performativo.

No caso de choiva os espectáculos trasladaránse á Praza de Abastos e ao Museo do Coiro.