A organización Humana Fundación Pueblo para Pueblo, que promove a protección do medio a través da reutilización de téxtil e leva a cabo programas de cooperación  en África, América Latina e Asia así como de apoio local en España, recolleu 6.576  kg de téxtil usado en Allariz durante o primeiro semestre do ano. Esta cifra confirma a tendencia á alza da reutilización do residuo téxtil, a fracción recollida selectivamente con máis potencial de aproveitamento. As doazóns representan un aumento do 12,7% respecto ao mesmo período do ano anterior, e un aforro de 20 toneladas de CO2 emitidas á atmosfera.

Humana ten instalados catro contedores en Allariz, onde a cidadanía deposita a roupa, o calzado, os complementos e o téxtil de fogar que xa non utilizan e aos que Humana dá unha segunda vida. O servizo de recollida do téxtil é gratuíto e representa un aforro importante nos gastos de recollida e eliminación de residuos sólidos urbanos.