Allariz recibe, estes días, a visita da asociación francesa Cadajauc sans Frontières para participar nun intercambio cultural con distintos colectivos e entidades alaricanas.

A asociación traballa na acollida de agrupacións que favorezan o enriquecemento cultural, social e comercial dos participantes. “O irmanamento con Cadaujac abriu a porta dunha colaboración e coñecemento mutuo a nivel asociativo”, explicaba o Alcalde, Francisco García.

A xornada permitiu coñecer a oferta turística, comercial e cultural de Allariz. O casco histórico, o Festival de Xardíns de Allariz ou as tendas outlet foron algúns dos atractivos visitados e ademais os franceses aproveitaron para reunirse con representantes do tecido comercial, deportivo ou xuvenil da vila.