Allariz é a primeira localidade galega que adica unha rúa ao burro

O Concello de Allariz, xunto coa Asociación Nacional para a Defensa e Recuperación da Especie Asnal (Andrea) e a Casa Garande de Xanceda, vén de inaugurar unha rúa dedicada ao burro en San Salvador dos Penedos.

Esta homenaxe enmárcase dentro da campaña solidaria “Vaya burrada” iniciada dende a Casa Grande de Xanceda, que comezou hai uns meses coa recollida de sinaturas para solicitar a incorporación do burro no whatsApp. Por cada sinatura doarase á Asociación Andrea unha cenoria como mostra de recoñecemento e apoio polo seu traballo na protección desta especie en perigo de extinción.

Bernardo Varela, concelleiro de medio ambiente, agradecía a escolla do concello de Allariz como primeira localidade, no Estado, cunha rúa dedicada ao burro “no ánimo de colaborar na visibilización do burro que en moitos casos foi fundamental nas casas labregas galegas”.

2017-08-04T10:19:40+00:00 jueves, 27/07/2017|ACTUAIS, MEDIO AMBIENTE, NOVAS ALLARIZ|
X