O grupo de desenvolvemento rural Limia-Arnoia 10, púxose en marcha a inicios de ano para xestionar os fondos europeos do programa Leader 2014-2020, para proxectos empresariais que sexan desenvolvidos nos concellos pertencentes ao grupo: comarca de Allariz, Baixa Limia, A Limia e Terra de Celanova.

O Limia Arnoia 10 dispón de sede, ademais de  en Celanova e Xinzo de Limia, en Allariz, no Centro de Promoción Económica. Os luns, xoves e venres, en horario de 10:00h a 14:00h, a oficina estará aberta para ofrecer información sobre proxectos que contribúan á valorización do territorio, á creación de emprego e ao aproveitamento  dos recursos locais.

Ata o día 31 de marzo o prazo de solicitudes de axuda estará aberto. Toda a información en http://www.limia-arnoia.gal/