A pesar do mal tempo e un ano máis Allariz recibe numerosas visitas como é habitual nestas datas vacacionais.  Atractivos turísticos como a rede museística, pola que pasaron máis de 1.800 persoas, os outlets e a programación da Semana Santa ao Vivo, cun formato consolidado que inclúe actividades culturais de rúa ademais de diferentes mercados e visitas guiadas, contribúen anualmente a escolla da visita a Allariz de miles de visitantes.

A Oficina de Información Turística atendeu a máis de 3.000 visitantes, procedentes na súa maioría doutras localidades galegas aínda que tamén se achegaron ata a vila visitantes de Asturias ou Castela e León e Madrid.