Allariz recibe á Banda Sinfónica Infantil de Galicia

O Alcalde de Allariz, Francisco García, recibiu esta mañá, á Banda Sinfónica Infantil de Galicia.

Mozos e mozas de idandes comprendidas entre os 8 e 14 anos estarán en Allariz ata o domingo día 13 de agosto, para recibir fomación participando en clases individuais e colectivas para compenetrarse e dar forma á Banda Sinfónica Infantil de Galicia.

Ademais os rapaces e rapazas realizarán varias visitas culturais e protagonizarán varios concertos pola provincia. O domingo día 13 o concerto terá lugar en Allariz ás 20:00h no Paseo da Alameda.

2017-08-21T10:25:09+00:00 martes, 08/08/2017|ACTUAIS, NOVAS ALLARIZ|
X