Allariz acolle esta fin de semana, 11 e 12 de novembro, a vixésimo segunda Feira de Outono.

O evento gastronómico ten por obxectivo promocionar, potenciar e valorizar os produtos de outono. Así, no pavillón do Instituto de Allariz trinta e oito produtores galegos venderán mel, cogomelos, noces, castañas e os seus derivados, entre outros.

A Praza de Abastos acolle unha exposición micolóxica e charlas coloquio sobre cogomelos; Concursos e demostracións de cociña en vivo ademais de actividades para adultos e maiores completan o programa da fin de semana de outono.

Os restaurantes e taparías da vila ofrecerán menús e tapas elaboradas con produtos de outono.

Programa outono 2017

Díptico menus outono 2017