A Asociación ANDREA impartirá do 13 ao15 de marzo en San Salvador dos Penedos unha nova edición do curso “Terapia asistida con animais”. O curso, dirixido a profesionais do eido da saúde, persegue dar a coñecer o fundamento e as bases históricas das intervencións asistidas con animais e introducir ao alumnado na aplicación dos animais como ferramenta de intervención terapeutica ou educativa. Os participantes aprenderán, ademais, a deseñar programas terapeuticos asistidos con asnos para diferentes colectivos con necesidades especiais.

As persoas interesadas en asistir ao curso deberán inscribirse, antes do 6 de marzo, a través do enderezo electrónico andreaasociacion@gmail.com