A área de Igualdade do Concello de Allariz achégase, unha vez máis, ata o IES de Allariz cun obradoiro sobre o Bo Trato.

Os alumnos e alumnas de 1º da ESO participarán nesta actividade co obxectivo de “aprender novas actitudes que fomenten unha convivencia máis saudable e así previr condutas pouco desexables” explica Ana Pérez, Técnica de Igualdade.

O aumento de novas relacionadas coa violencia entre mozos e mozas fai necesario o fomento de relacións respectuosas que entendan a diversidade e os valores que se transmiten na mesma. “Este é un obradoiro para pensar e pensarse ende o agradable de tratarse ben e, polo tanto, de tratar ben.

A programación inclúe sendas sesións que permitan realizar un traballo continuado co alumnado adolescente.