Arte de Man reúne a 37 artesáns galegos

O casco histórico de Allariz acolle o vindeiro domingo, 10 de setembro, unha nova edición do Mercado de Artesanía “Arte de Man”. A cita, que reunirá a un total de 37 artesáns galegos, terá lugar na Praza Maior e Praza de Abaixo en horario 11:00h a 20:00h.

Arte de Man ofrece exposición e venda de distintas disciplinas artesás como a cerámica, pintura, debuxo e gravado, escultura, xoiería e bixutería, téxtil, vidrería, coiro ou madeira, entre outros. Ademais, a xornada completarase con varios obradoiros e demostracións ao vivo, de cestería, elaboración de tecidos con tear, de barquiñas de papel para público familiar, de encadernación xaponesa para adultos, elaboración de gaitas tradicionais e tamén se achegarán ata Allariz as palilleiras de Ourense.

Esta será a edición con máis participación de artesáns nunha aposta do Concello de Allariz pola artesanía galega, a innovación e o deseño.

2017-09-11T13:00:20+00:00 jueves, 07/09/2017|ACTUAIS, EVENTOS, NOVAS ALLARIZ|
X