Aumenta o número de alumn@ no CEIP Allariz

O Colexio Público Padre Feijóo de Allariz aumenta o número de alumnos/as no curso que está a piques de comezar.

Setenta rapaces e rapazas comezarán este ano os seus estudos no CEIP Allariz. Concretamente 56 deles comezarán  con 3 anos e 14 en primaria. O aumento sitúa ao alumnado en 415 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, dos cales 133 cursarán educación infantil e 282 educación primaria.

O director do colexio valora moi positivamente este aumento que “dende que levo traballando aquí non tiveramos un aumento tan grande de alumnos”.  E explica as novas incorporacións de pizarras dixitais nas aulas ademais do aumento de actividades extraescolares como robótica, escritura dixital ou xadrez, entre outras.

O Alcalde, Francisco García, recibe con alegría esta nova que mostra, ademais, o aumento de poboación residente en Allariz, unha vila que ofrece  calidade de vida aos seus veciños e veciñas.

Obras no colexio Padre Feijóo

A brigada municipal está acometendo as últimas obras no centro docente para que estea todo listo ao comezo do novo curso.

As melloras, demandadas polo CEIP Allariz, pasan polo pintado e a recuperación dos patios exteriores coa colocación de caucho, no centro de infantil.

 

2017-09-20T10:32:55+00:00 martes, 05/09/2017|ACTUAIS, NOVAS, NOVAS ALLARIZ|
X