O vindeiro xoves 8 de xuño, ás 17:00h,  Allariz acollerá un obradoiro para mulleres organizado e impartido polo Centro Quérote.

A técnica de Igualdade, Ana Pérez, explica que “a finalidade do mesmo é crear un espazo de confianza para o traballo dende a perspectiva de xénero, entendendo a construción que das mulleres realiza a sociedade machista e nas repercusións que teñen para a vida das mulleres”

O obradoiro, con metodoloxía participativa,  terá unha duración de dúas horas. Para participar é preciso anotarse no Fogar dos Maiores, no teléfono 988 554 059.