Neste mes de setembro darán comezo as obras de reparación na estrada Ou-0102 a Santa Mariña de Augas Santas (Ou-0101) por Outeiro de Laxe e ata o túnel de Tosende así como na Pousa (estrada de  Santa Mariña de Augas Santas).

As obras, que foron encomendadas á empresa Tragsa, enmárcanse no proxecto de actuacións urxentes en estradas de titularidade municipal afectadas polas obras da liña de alta velocidade na provincia de Ourense e comprenderán, na súa medida, un recargo de firme a base de tratamentos con regos asfálticos, reparación de mordentes, pel de crocodilo e bacheos existentes.