O Concello solicitou una axuda ao abeiro da RESOLUCIÓN 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria anticipada de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, para a instalación de climatización no comedor da hospedaría Torrelombarda.

En resolución  do director do instituto Enerxético de Galicia (Inega) con 10 de xuño de 2016 foille concedida ao Concello de Allariz unha axuda de 997,50 € para acometer dita instalación.

Unha vez executada a acción financiada procedese a informar sobre o financiamento obtido, segundo se establece no artigo 20.g da RESOLUCIÓN 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria anticipada de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2016

OBXECTIVO: Climatizar espazo público adicado a uso de hospedaría e restauración, coa colocación de estufa de biomasa no comedor de Torrelombarda.

RESULTADO: Positivo

Esta acción realizouse co apoio financeiro do Inega, da Xunta de Galicia e da Unión.

fotos-placa-feader_pagina_3