O Concello de Allariz colabora coa campaña solidaria #súmatedoasangue

O Concello de Allariz e a Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS) impulsan de novo a participación nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan preto de 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os doentes.

O verán é a época de maior dificultade para a doazón de sangue. Os enfermos ingresados nos hospitais galegos seguen a precisar a solidariedade dos veciños e veciñas e, por iso, o Concello distribuirá unha carta informativa.

Poden doar sangue as persoas entre 18 e 65 anos e que pesen máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a saúde das persoas que se acheguen ata a unidade móbil de ADOS, antes de levar a cabo a doazón de sangue:

 

ALLARIZ

MARTES 12 de SETEMBRO

Unidade móbil de doazón de sangue no campo da Barreira

10.00 a 14.30 e 16.00 a 21.00 horas

Allariz acadou en 2016 unha taxa de 45 doazóns por cada 1.000 habitantes e o obxectivo é manter a participación dentro das cifras que recomenda a Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por 1.000 habitantes).

Queremos facer un agradecemento especial as persoas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue. Grazas a este xesto solidario, os hospitais atenden aos enfermos de cancro e leucemia e levan a cabo, cada día, unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.

Neste verán os enfermos non toman vacacións

e moitas persoas dependen deste xesto solidario para recuperar a saúde

Precisamos 10 minutos da túa vida para salvar a de outros

2017-09-13T10:28:44+00:00 viernes, 08/09/2017|ACTUAIS, NOVAS ALLARIZ|
X