A pasada semana, mediante comparecencia do Xefe da Policía Local o Concello de Allariz, presentou denuncia polo roubo de 4000€ do espazo habitual destinado a obxectos perdidos nas propias dependencias sitas na Praza Maior nº1, planta baixa.

Dita desaparición foi constatada na inspección ordinaria e rutinaria realizada polo Xefe da Policía Local, dando conta á Alcaldía, quen ordenou que se proceda á presentación da denuncia diante da Garda Civil e a investigación deste feito. Así mesmo solicitou dos servizos xurídicos municipais unha proposta de regulamento para controlar a custodia dos obxectos perdidos que se reciben habitualmente nas dependencias da Policía Local para a súa aprobación nun vindeiro pleno.