O Concello de Allariz investirá máis de 200.000€ do orzamento 2018 na reparación e mellora da rede viaria municipal.

As pistas de acceso a Pedreira, Torneiros, Outeiro de Orraca, Coira, San Breixo, Gundiás e A Pousa, veranse melloradas con rego asfático cun orzamento de 100.000€, dos que 58.000€ serán aportados pola administración local e 42.000€ destinados para Allariz no plan de obras da Diputación.

Outra parte importante do orzamento, 90.000€ que procederán do plan de melloras de camiños municipais, permitirá o acondicionamento do acceso ao núcleo de Paicordeiro, a Meire dende Abuín, Amiadoso – A Forma,  A Acea- Vilar de Flores, Santo Estevo e Casas Novas.

“O Concello fará un esforzo importante no plan de obras municipal para mellorar as pistas que se atopan en peor estado de conservación,  posto que o seu parcheo non é suficiente”, explicaba o Alcalde Francisco García.

Ademais das melloras do pavimento na rede municipal tamén se realizarán labores de limpeza de camiños  que se desenvolverán durante o presente ano.