O Concello de Allariz merca unha leira no Castelo para facer un paseo circular

O Concello de Allariz vén de mercar unha nova parcela no Monte do Castelo ubicada na ladeira norte, co obxectivo de crear un espazo que permita bordear o perímetro da antiga fortaleza medieval.

Valorada en 3.000€ e cunha extensión de 430 metros, este espazo permitirá completar un paseo circular que facilitará o aceso ata o alto da atalaia.

A intervención na zona centrarase, inicialmente, en consolidar a apertura do camiño e conectalo coas dúas entradas que ten o espazo.

2017-08-30T10:50:40+00:00 jueves, 03/08/2017|ACTUAIS, NOVAS, NOVAS ALLARIZ|
X