O Concello de Allariz presenta, xunto co AC Alonso de Paredes, a segunda edición dun “Eiró dun soño de Verán”

O Casco Histórico de Allariz será, por segundo ano consecutivo, o escenario no que se desenvolverán os roteiros teatrais nocturnos “Eiró dun soño de verán”.

Esta actividade, que acadou gran éxito na súa primeira edición, enmárcase dentro da programación de verán que o Concello de Allariz organiza para veciños e visitantes.

Todos os xoves a partir de mañá día 3 de agosto  e ata o 7 de setembro, ambos incluídos,  representaranse diferentes escenas que porán en valor o patrimonio histórico alaricano, mostrando os lugares menos visitados pero non por ese menos importantes, así como dando a coñecer personaxes máis coñecidos de Allariz.

Mañá, a partir das 23:00h dende o Alto do Portelo dará comezo o primeiro roteiro, unha homenaxe aos 700 anos das orixes da Festa do Boi.

 

 

 

2017-08-04T10:20:18+00:00 Miércoles, 02/08/2017|ACTUAIS, EVENTOS, NOVAS ALLARIZ|
X