Co obxectivo de mellorar a seguridade viaria na rede municipal o Concello de Allariz procedeu á sinalización de todos os pasos elevados existentes na rúa Emilia Pardo Bazán, na Estrada de Xunqueira, Celanovanb o Fuxón  e no recentemente remodelado Arnado.

O pintado dos pasos de peóns elevados  fará máis visible a sinalización horizontal ante os peóns e o tránsito rodado, dando prioridade aos primeiros.

A intervención contempla, ademais, a indicación de todas as limitacións de velocidade, sobre todo  na rúa Emilia Pardo Bazán na entrada polo Piñeiro, “rúa na que se constataba a necesidade de reducir a velocidade na entrada a Allariz”, indicaba o Alcalde, Francisco García.

A intervención foi contratada polo Concello con cargo ao Plan de Inversións do presente ano por 9.000 euros.

Outras obras

Están en proceso de licitación as obras de mellora na pavimentación na rúa A Granxa e a creación de beirarrúas nas rúas Piñeiro e Fuxón.  Estas intervencións municipais teñen un orzamento de 95.000 euros.