O Concello de Allariz xunto co concello de Baños de Molgas e a cooperativa  Xeitura organizan para os días 9 e 10 de decembro as Xornadas “Prerrománico, Románico e Turismo”.

A arte prerrománica será a través destas xornadas foco de atracción para visitantes e veciños cuxo obxectivo pasas pola contribución á dinamización económica do sector turístico provincial fóra da tempada alta.

O programa previsto para o sábado permitirá aos participantes coñecer a igrexa visigótica de Santa Comba de Bande e as mozárabes de San Miguel de Celanova, Santa Eufemia de Ambía e San Martiño de Pazó en Allariz.

O domingo a xornada centrarase en Santa Mariña de Augas Santas coa visita ao xacemento arqueolóxico de Armea. Tamén será visitado o templo románico de Santa Mariña e o museo da sacristía.

Programa Xornadas Prerrománico Decembro 2017