Este sábado 19 de agosto, ás 12:00h,  o Concello de Allariz organiza o acto de recepción formal do legado literario e artístico do escritor alaricano Marcial Suárez.

A familia de Marcial Suárez entregará ao Concello de Allariz o legado que xira ao redor da novela O acomodador e outros exemplares únicos así como tamén as láminas que Luis Seoane deseñou para a edición así como para outras obras do escritor alaricano como Pañolín Rompenubes o El agua y el vino, entre outros.

Todos estes exemplares, que enriquecen o legado cultural do Concello de Allariz, estarán expostos no salón de actos do concello. O acto que se desenvolverá neste lugar, está aberto a todos os veciños e veciñas.

O alcalde de Allariz, francisco García agradecerá á familia esta cesión “non só polo seu importante valor cultural, artístico e económico, senón tamén polo lazo de afectividade que Marcial Suárez mantivo con Allariz e así o subscribiu nas súas narracións.”