O alcalde de Allariz, Francisco García, acompañado pola tenente de alcalde, Cristina Cid, e o arqueólogo da Universidade de Vigo, Adolfo Fernández, presentaron esta mañá, nunha reunión  coa Secretaría Xeral de Patrimonio e a Xefatura de Arqueoloxía, un dosier informativo coas actuacións que se pretenden levar a cabo nas escavacións arqueolóxicas en Armea.

As intervencións pasan pola continuidade na escavación, en Santa Mariña de Augas Santas, polos alumnos e alumnas da Universidade de Vigo, e a súa musealización incluíndo nova sinalización, e a creación de itinerarios de visitas así como o centro de recepción de visitantes.

Agardando a resposta por parte da Consellería así como unha visita institucional, o Concello de Allariz continuará coa labor de potenciación do valor cultural de Santa Mariña e reforzo do seu atractivo turístico.